Ir a Letras de Cancións - Ir á Portada

               
 

MOENDO

 

Unha noite no muiño,

ai, unha noite non é nada,

unha semaniña enteira

ai, esa sí que é muiñada

 

Moendo, moe que moe,

moendo, moe que moe,

unha noite de xeada,

moendo, moe que moe,

moendo, moe que moe,

esa sí que é muiñada.

 

Xa nunca queren os bois

ai, pasar polo teu muiño

que cando vamos chegando,

ai, cortan por outro camiño.

 

Moendo, moe que moe...

 

O cura chegou ó muiño

ai, mexaba co seu ferrancho,

Maruxa estaba asalando

ai, pola ventana de abaixo.

 

Moendo, moe que moe...

 

Eu non quero ser muiñeiro,

ai, nin bate-lo tremiñado,

porque din que no outro mundo

ai, piden contas do roubado

 

Moendo, moe que moe...