| Portada |
Historia
|
Actividades | Como chegar | Actuacións | Cancións | Galerías Fotos | Contactar | ||||||||
HISTORIA DA ENTIDADE
A asociación Cultural “Bico da Balouta” foi fundada o día 12 de abril de 1.994 na parroquia de Vilariño, no Concello de Agolada (Pontevedra). A Asociación ten formado un grupo de gaitas que está integrado polos seguientes membros: * 7 gaiteiros * 1 bombeiro * 1 tamborileiro * 1 acordionista * 2 pandereteiras
|
|||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||
|
FINALIDADE
O fin principal da devandita Asociación é o fomento, estudio e difusión da música tradicional galega
|
|||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||
MEMORIA DE ACTIVIDADES
A Asociación Cultural “Bico da Balouta” dende a sua orixe vén realizando diversas actividades relacionadas coa difusión e enriquecemento da cultura galega, tales como:
* Cursiños de gaita, tamboril, bombo, pandeireta, etc. * Colaboración en determinados actos festivos no pobo de Agolada e en parroquias do concello tales como: Festa da Xuventude, Santa Cecilia, Festa dos Choferes, festas parroquiais de Esperante,Vilariño, festa do Rio da Cornella, Basadre, Festa de San Xoan no barrio do Carme en Borraxeiros,Festa do San Ramón de Artoño etc. algunhas destas actividades tiveron perpetuidade o longo dos anos.
A asociación tamen realizou actividades do grupo de gaitas fora do noso concello tales como: * Festa na Parroquia de Belmil – Santiso (A CORUÑA) * Celebración do San Xoan en Alcobendas (MADRID) en colaboración co grupo “Dallecorronco”. * Festa da parroquia de Cadron (LALIN) * Organización da Iª Festa do Gaiteiro * Festa de San Xoan Donramiro (LALIN) * Festa contra a droga en Furelos MELIDE. * A Espicha da sidra en Guntín (LUGO) * Participación no festival de panxoliñas de Boimorto (A Coruña ). * Encontros de música tradicional no mosteiro de Carboeiro (Silleda). * No ano 2004 fixemos un intercambio músico- cultural internacional, coa banda de gaitas irlandesa “Curragour Pipe Band” de Limerick. Vinte membros da asociación viaxamos á cidade irlandesa de Limerick para dar a coñecer a nosa música tradicional galega e coñecer a cultura, música, tradición, costumes de esta zona de Irlanda. * En setembro de 2005 , oito componentes da banda irlandesa estiveron unhos días en Agolada donde nos deleitaron coa súa música e simpatía, e desde onde se desplazaron a Pontevedra, Melide, Lalín para compartir a súa cultura con outra xente da zona. * 25 de Marzo de 2006 participación na Festa da Cabaza de Pontevedra. * 7 de Maio de 2006, intercambio coa Banda de Gaitas Tromentelo de Cangas do Morrazo, coincidindo coa Festa do Muiño. * 23 de Xuño de 2006 san Xoan no Monte Arraiz de Bilbao. * 19 de Agosto de 2006,actuación na Malla tradicional de San Tirso de Abres (Asturias). * 16 de Setembro de 2006 organización da parte musical do III Encontro nos Pendellos de Agolada.
A asociación ven realizando tamén outro tipo de actividades de carácter cultural: * CELEBRACIÓN DO DIA DAS LETRAS GALEGAS No ano 1999 celebramos este día cun recital de poesía galega no que interviron os poetas Xosé Vázquez Pintor, Isolda Santiago e Celso Sanmartín. No 2000 con unha sesión de títeres a cargo de Viravolta de Lalín. * EXPOSICIÓNS FOTOGRAFICAS. No 2001 unha exposición de fotografías tomadas por o fotografo holandes Tom en Agolada e arredores nos anos 1978-1980, na feira de artesanía que se celebra en agosto, nos Pendellos de Agolada . No 2002 levouse a exposición ao museo de Melide * PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES POLA DEFENSA DOS NOSOS RIOS En febreiro de 2004, descenso pola beira do río Ulla , dende o Balneario de Frádelas( Palas de Rei) ata Ramil(Agolada). En maio do mesmo ano, Ruta polo río Ulla , dende Ramil ata A Cornella.
|
|||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||